Verín promove a campaña de sensibilización social ‘¡¡¡Dona AMOR!!!’
O día 01 de outubro, coincidindo coa celebración do Día Internacional das Persoas de Idade 2014 “Sen esquecer a ninguén: promoción dunha sociedade para todos”, o Concello de Verín promove a campaña de sensibilización social ‘¡¡¡Dona AMOR!!!’, que ten por obxecto conmemorar esta data así como alzar a voz sobre unha das situacións que transitan en silencio un número cada vez maior de persoas maiores: a soidade non desexada: “Devolvamos ás persoas maiores o cariño, coidado e tempo que nos dedicaron” (Plan Xerontolóxico Municipal de Verín).
Dende 1990, a Organización das Nacións Unidas (ONU) designou este día para renderlles unha homenaxe as persoas maiores e dar visibilidade internacional a este grupo de poboación. A maioría da cidadanía descoñece esta celebración e a importancia tendo en conta os desafíos que impoñen os cambios nos modos de vida. Todos/as os/as que estamos ao lado das persoas maiores, familiares, amigos/as, voluntarios/as e cidadáns/nas comprometidos/nas, somos testemuñas dunha realidade: A SOCIEDADE OS ESTÁ DEIXANDO SÓS/SOAS, ou mellor dito, OS/AS ESTAMOS DEIXANDO SÓS/SOAS. Unha cuestión que nos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Verín vese e vívese día a día.
Actualmente en toda España, existen 1,7 millóns de fogares formados por unha persoa soa de 65 años ou maior desa idade, unha cifra que se incrementou un 25,8% nos últimos dez anos. Son moitos os casos de persoas maiores que apenas reciben unha visita mensual de alguén coñecido/a do seu entorno social, e hai casos que non chegan nin a iso. Unha gran parte da sociedade é descoñecedora desta situación. Por este motivo, desde o Concello de Verín deseñouse para o vindeiro mércores 01 de outubro a campaña de sensibilización social ‘¡¡¡Dona AMOR!!!’. A mesma, que ten por obxecto alzar a voz sobre unha das situacións que transitan en silencio un número cada vez maior de persoas maiores: a soidade non desexada, articúlase a través da promoción das seguintes iniciativas:
COMPARTE
Se tes 5 minutos e redes sociais como Facebook o Twitter, comparte e difunde a campaña ‘¡¡¡Dona AMOR!!!’, entre as túas amizades, compañeiras/os de traballo e familiares a través das redes sociais ou instalando un banner na túa web ou no teu blog. Comparte os vídeos que se subirán con motivo desta campaña no Facebook do Concello de Verín.
FACÉDEVOS UN SELFIE
Se coñeces a unha persoa maior do teu entorno faite unha autofoto ou selfie con ela, durante estes días, e cólgaa en calquera rede social á que teñas acceso (Twitter, Facebook, Instagram). Así mostrarás o valor do acompañamento a un grupo de poboación que representa o 17% da poboación e ao que inxustamente non se presta moita atención. Estas autofotos ou selfies poden ser remitidos ao correo electrónico concellodeverin@gmail.com ou ao Facebook do Concello de Verín e serán subidos no mesmo para visualizar devandita campaña.
FAILLE COMPAÑÍA
Se tes 2 horas e ganas de celebrar este día especial cunha persoa maior á que aprecias, traslada a túa visita semanal ao próximo mércores 01 de outubro e regálalle a túa compañía, como símbolo de amizade. Ademais, podedes realizar actividades conxuntas como practicar deporte ou visitar as mostras que están na Sala de Exposicións de Verín, entre outras.
FAITE VOLUNTARIO/A
Se queres axudar e aínda non pertences a unha organización de voluntariado, únete a calquera organización de voluntariado que ofreza compañía ás persoas maiores en situación de soidade e illamento. En Verín o podes facer a través de Cruz Vermella Española, situada na praza da Mercé. Porque este 01 de outubro temos a oportunidade de demostrarlles que no están sós/soas. Non esperes a actuar.
Esta campaña difundirase a través da Concellería de Benestar Social do Concello de Verín e a través de outros espazos comunitarios, e conta coa colaboración Cruz Vermella Monterrei, CDR Portas Abertas e Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (Femuro). Agardamos que a mesma sirva para reflexionar sobre as necesidades das persoas maiores, axude a profundar na responsabilidade compartida entre as administracións públicas, a sociedade e as familias; así como na idea de que “todos debemos aportar o noso esforzo”.











