Verín acollerá o partido entre o Club Ourense Baloncesto e Marín
O mércores 17 de setembro, ás 20.30 horas, o complexo deportivo de A Granxa será escenario dun partido amistoso entre o Club Ourense Baloncesto e o Marín Peixe Galego da LEB Plata.
A entrada para asistir a este partido é gratuíta. As dúas formacións deportivas están inmersas na pretempada e esta cita en Verín permitirá continuar a súa preparación de cara a primeira xornada da liga Adecco Oro, que no caso do Club Ourense Baloncesto terá lugar o vindeiro 03 de outubro ante o Cocinas.com
Con este partido amigable, é a primeira vez que o equipo ourensán se enfronta a formación pontevedresa nas instalacións deportivas do Concello de Verín. Unha iniciativa que conta co apoio do ente municipal, que nestes últimos anos está desenvolvendo políticas activas que melloren a calidade de vida dos veciños e veciñas, e se promova a saúde a través dunha alimentación saudable e a práctica de actividade física regular.











