publicidade hoxe

Varios deportistas galegos participarán esta fin de semana na gran final da Copa de Europa de Madrid

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+

Este domingo celebrarase en Madrid a gran final da Copa de Europa, coa presenza de varios deportistas galegos. Ademais, o mesmo domingo terá lugar a 2014 Madrid ITU World Paratriathlon, na que participará a viguesa Susana Rodríguez. Este ano Madrid acollerá a final da Copa de Europa, en vez dunha proba das Series Mundiais. O que se mantén é o lugar (Casa de Campo) e as distancias (1.500 metros de natación, 40 quilómetros de bicicleta e 10 de carreira a pe).

Na proba masculina (14:15 horas) participarán Ricardo Hernández, Nan Oliveras, Diego Paz (do grupo de Alto Rendemento do CGTD) e Pablo Dapena, que a pasada fin de semana proclamouse en Águilas (Murcia) subcampión de España de tríatlon na distancia olímpica. Na proba elite feminina (11:30 horas), a representante da Federación Galega de Tríatlon será Melina Alonso, que hai sete días tivo que retirarse do Campionato de España cando estaba loitando polo triunfo por culpa do flato.

Ademais, o mesmo domingo, no marco da Copa de Europa celebrarase a Madrid ITU World Paratriathlon (08:00 horas) na que participará Susana Rodríguez. A galega competirá xunto a súa guía Mayalen Noriega, que está cun bo resfriado, pero viaxan con moita ilusión. Enfronte, estará unha das súas rivais máis duras, a británica Melissa Reid.

18 de setembro de 2014 | 18:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.