publicidade hoxe

Val do Dubra acondiciona as beiras do Dubra ao seu paso por Bembibre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVal do Dubra
A-
A+

O Concello de Val do Dubra está a acondicionar e restaurando as beiras do río Dubra ao seu paso Bembibre, capital do municipio. A actuación, impulsada  con apoio aos alumnos-traballadores participantes no Obradoiro de Emprego Barcala-Dubra, desenvólvese fundamentalmente en ambas as marxes do río ao seu paso pola área recreativa de Bembibre, onde tamén está situada a piscina municipal. Os traballos de actuación nesta zona, que durarán uns 15 días, son desenvolvidos polos 10 alumnos que participan na especialidade de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. Tamén colaborarán outros 10 alumnos da especialidade de instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes.

O Concello pretende deixar libre de maleza e restaurada a zona onde está situada a área recreativa. E lista para que poida utilizarse polos veciños e veciñas con plenas garantías. Ademais do acondicionamento e restauración das beiras do río Dubra, os participantes no Obradoiro de Emprego, promovido polos Concellos de Negreira, A Baña e Val do Dubra, tamén acometerán operacións de roza en pistas municipais, actuacións en áreas recreativas e mantemento e limpeza en zonas axardinadas lindantes con edificios municipais, campo da feira de Bembibre, áreas recreativas municipais e lavadoiro de entrepontes. O alumnado-traballador, tras desenvolver o traballo en Val do Dubra, acometerán outras actuacións en Negreira e A Baña.

24 de setembro de 2014 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.