publicidade hoxe

Val do Dubra, A Baña e Negreira afrontarán un plan de aforro enerxético na iluminación pública

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA BañaA CoruñaNegreiraVal do Dubra
A-
A+

Os concellos de Val do Dubra, A Baña e Negreira afrontarán nos próximos meses un ‘Proxecto de aforro enerxético nos alumados’ públicos que requirirá un investimento total de 100.000 euros. A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza aprobou recentemente unha liña de subvención de natureza competitiva incluída no Fondo de Compensación Ambiental para facer fronte a este proxecto no tres citados concellos, e que xestiona o Concello da Baña.

O importe total da subvención será de 50.000 euros, o 50% do investimento previsto. O plan de aforro enerxético en Val do Dubra, A Baña e Negreira porase en marcha nas próximas semanas, unha vez xustificada e recibida a subvención. As entidades locais beneficiarias deberán destinar proporcionalmente os fondos que completen o investimento. O proxecto consiste na substitución, modernización e mellora da iluminación pública dos núcleos de poboación da Baña, Val do Dubra e Negreira.

5 de setembro de 2014 | 12:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.