publicidade hoxe

Uns 550 veciños participan na XXVI Festa dos Vellos do Concello de Brión

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBrión
A-
A+
Festa dos Vellos en Brión

Festa dos Vellos en Brión

Case 550 veciños e veciñas participaron hoxe domingo na XXVI Festa dos Vellos do Concello de Brión, unha das celebracións máis antigas da provincia. A choiva, que caeu de xeito intermitente durante toda a mañá, respectou a chegada dos maiores a Pedrouzos ben nos seus vehículos particulares, ben nos autobuses gratuítos postos polo Concello de Brión e que os recollía nas súas propias aldeas e parroquias.

O alcalde de Brión, Xosé Luís García, foi o encargado de darlles a benvida aos maiores que, tras unha misa cantada por unha coral composta por membros da desaparecida Coral Polifónica de Brión, se desprazaron ata o polideportivo municipal de Pedrouzos para o xantar. Un xantar da man do Restaurante A Magdalena a base de empanada, polbo, carne ao caldeiro e bica. Un grupo de gaiteiros de Padrón puxo a nota musical durante toda a xornada, previo a unha verbena que se prolongará ata as 20:00 horas, momento no que os autobuses do Concello de Brión volverán deixar aos participantes nas súas respectivas vivendas.

7 de setembro de 2014 | 18:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.