publicidade hoxe

Unha quincena de persoas participan na ruta ciclista entre Burela e Santa Eulalia de Oscos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+

O Club Ciclista Burela realizou unha ruta en bicicleta de carretera entre as localidades de Burela e Santa Eulalia de Oscos o pasado domingo 28 .

Na ruta participaron socios do Club Ciclista Burela así como tamén tres integrantes do Club Ciclista Foz o que fixo que fosen 15 os esforzados afeccionados o deporte do pedal os que fixeron esta esixente ruta que tiña como gran dificultade a subida o porto de A Garganta e unha vez coronado o porto de montaña se dirixiron a Villanueva de Oscos e remataron en Santa Eulalia despóis de percorrer 85 km.

Paralela a esta ruta tamén estaba organizada unha ruta de senderismo pola zona dos Oscos que fixeron os acompañantes dos ciclistas.

O remate das dúas rutas e despois das duchas, todos os integrantes da excursión repuxemos forzas nun restaurante de Santa Eulalia partindo para as localidades respectivas en autobús unha vez rematada a comida.

Esta ruta entra dentro das actividades que o Club ten programadas para os socios que practican o ciclismo de carretera e que tuvo no mes de maio outra ruta por terras portuguesas na zona de Viana do Castelo.

29 de setembro de 2014 | 17:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.