Unha comitiva de peregrinos da Nacional Trust e de Tesouros de Galicia visitan Cambre

Grupo de peregrinos ao seu paso por Cambre
O alcalde de Cambre, Manuel Rivas, realizou unha etapa do Camiño Inglés, acompañado de varios concelleiros e veciños, xunto a unha comitiva formada por peregrinos pertencentes á Nacional Trusts e a Tesouros de Galicia. Esta iniciativa está cofinanciada pola Deputación da Coruña. Trátase dun programa no que se seleccionou a once recentemente licenciados de diferentes disciplinas durante catro meses, e foron recompilando, organizando e traducindo contidos para filtralos aos millóns de membros dos National Trusts. O proxecto culmina cunha memoria na que recollerán varias suxestións xunto cun plan para converter o Camiño Inglés no segundo camiño de Santiago máis concorrido. Un plan que proporán desde ambas as asociacións afrontalo con participación pública e privada, e que poida ser un modelo de xestión dos camiños de Santiago. Dentro deste plan atópase o estudo e recuperación do Camiño Inglés nas Illas Británicas.
De forma paralela a este proxecto, a Deputación da Coruña encargou a redacción dun libro sobre o Camiño Inglés en Español e Inglés, que recupera as conexións Galicia –Reino Unido, como raíces articuladoras da vinculación potencial de Galicia con Reino Unido, presentando o Camiño Inglés como porta a Galicia. Esta terceira etapa do Camiño que afrontan os peregrinos discorreu entre A Coruña e Bruma, e sobre as 13.00 horas detívose na igrexa de Santiago de Sigrás para degustar un petisco elaborado por un dos mellores restaurantes de España, A Estación de Camrbe.
O grupo fórmano preto de 30 persoas, sen contar os discapacitados, voluntarios, e grupos que ao longo do camiño uniranse para facer algún tramo connosco. Rivas destacou a iniciativa xa que considera moi necesaria a posta en valor dun dos camiños de peregrinación máis importantes. “Todas as iniciativas que axuden a converter o Camiño Inglés no segundo máis concorrido da peregrinación a Santiago serán benvidas. Debemos de por en valor e de potenciar un recurso cultural e turístico do que se beneficiarán os veciños de Cambre”, explicou Rivas.











