Un veciño de Burela foi detido por supostos abusos á súa fillastra
A Garda Civil de Burela (Lugo) detivo na tarde do mércores a un veciño da localidade como presunto autor dun delito continuado de abuso sexual sobre a súa fillastra de trece anos de idade.
A nai da menor presentou unha denuncia no cuartel da Garda Civil tras comunicar que atopara nun móbil da súa filla unha conversación de ‘whatsapp’ de contido sexual entre a súa filla de trece anos e a súa parella e padrasto da nova.
Así mesmo, a denunciante achou no teléfono móbil fotografías da menor espida e en roupa interior, segundo informaron fontes próximas á investigación.
Así, o Instituto Armado iniciou unha investigación e comprobou a existencia dun suposto delito de abuso sexual por parte do padrasto desde que a menor tiña doce anos até a actualidade.
As dilixencias foron remitidas ao xulgado de Instrución de Viveiro.











