Un total de 85 persoas realizan as probas para peóns e capataces das brigadas de emerxencias no Carballiño
Un total de 85 candidatos realizaron durante este mércores e xoves, as probas para a selección de peóns e capataces para as brigadas de emerxencia do Carballiño. En concreto foron 59 aspirantes para as 9 prazas de peón, e 26 para as tres prazas de capataz.
Unha vez realizada a entrevista persoal o xurado procederá nestes días a avaliar tanto esta proba como os méritos presentados por cada candidato, estando previsto que o fallo se dea a coñecer a próxima semana.
Desta forma as brigadas de emerxencia do Carballiño comezarían a funcionar nas próximas semanas, unha vez que se peche o período de alegacións e se publiquen os resultados finais.











