Un total de 20 desempregados comezan a traballar en Cangas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

Concluído o proceso selectivo convocado ó efecto, vinte persoas desempregadas de Cangas retoman hoxe a súa actividade laboral ó servizo do Concello, grazas á obtención por parte desta entidade local dunha subvención da Consellería de Traballo e Benestar (Orde do 30 de maio de 2014), dirixida á contratación de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras de Risga, que permitirá a súa reinserción durante un periodo de 7 meses.

Os postos cubertos son:

– 6 peóns de limpeza viaria

– 4 peóns limpadores de edificios públicos

– 3 peóns xardineiros

– 2 peóns desbrozadores

– 2 conserxes

– 1 oficial carpinteiro

– 1 auxiliar de clínica

– 1 cociñeiro

E as labores a desempeñar por estes traballadores e traballadoras redundarán no beneficio colectivo, ó tratarse de servizos de interese xeral e social.

Coa execución deste tipo de medidas nun momento como o actual en que a crise está tendo graves impactos no emprego e a exclusión social dos máis vulnerables, o Concello de Cangas consigue aumentar as posibilidades de acceso ó mercado de traballo a nivel municipal deste colectivo.

 

4 de setembro de 2014 | 17:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.