publicidade hoxe

Un total de 20 beneficiarios da RISGA de Ponteareas accederon a un contrato laboral coa orde de axudas de benestar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPonteareas
A-
A+
Beatriz Mato na reunión co alcalde de Ponteareas. Foto: A. Varela

Beatriz Mato na reunión co alcalde de Ponteareas. Foto: A. Varela

Un total de 20 beneficiarios da Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA) de Ponteareas (Pontevedra) accederon a un contrato laboral grazas á nova orde de axudas posta en marcha pola Consellería de Traballo e Benestar este exercicio.

Este foi un dos asuntos tratados na reunión mantida hoxe entre a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o alcalde da localidade, Salvador González, en Santiago, na que o rexedor valorou positivamente dita orde de contratos.

Os beneficiarios optan así a un contrato temporal, que durará 7 meses, e que será a tempo parcial, sempre por riba do 50 por cento da xornada laboral, e cunhas retribucións de acordo aos convenios colectivos correspondentes.

Estas axudas están dotadas cun total de 5 millóns de euros para toda Galicia, o que permite financiar o 100 por cento dos custos salariais destas contratacións, e poden ser solicitadas por concellos e agrupacións locais. Os beneficiarios teñen que cumprir os seguintes requisitos: ser perceptor da RISGA, ter unha antigüidade mínima de seis meses, e estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia. Ademais, teñen preferencia os perceptores da RISGA que se teñan comprometido cun proxecto de inserción sociolaboral.

Doutra banda, Beatriz Mato e Salvador González abordaron diferentes asuntos de interese para a localidade, en materia de infancia, servizos sociais comunitarios e atención á dependencia, ante o que a responsable autonómica mostrou a súa vontade de colaborar co concello na medida do posible.
 

9 de setembro de 2014 | 17:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.