Un técnico experto do Igape exporá na Estrada as axudas e servizos para a internacionalización
Na xornada de hoxe, o recinto feiral estradense, acollerá a penúltima das xornadas técnicas e para iso, contará coa colaboración do IGAPE. A xornada está aberta ao público e versará das “Axudas e servizos para a internacionalización”. Esta levará a cabo no salón de actos do recinto feiral, de doce a trece horas.
Por outra banda, ás once e media da mañá, setenta alumnos do Colexio a nosa Señora de Lourdes en compañía dos seus docentes, farán unha visita á exposición itinerante e interactiva, achegándose ao mundo do cooperativismo que a Consellería de Traballo ten situada no pavillón número uno. A través das diferentes pantallas, o discente pode interactuar coas mesmas e desta forma, clarificar os seus coñecementos.
Noutra orde de cousas, ás cinco da tarde, , terá lugar na chaira central do recinto feiral, fronte ao pavillón número tres, unha exhibición de obediencia e procura dos cans pertencentes ao grupo de rescate de Protección Civil da Estrada. Os exemplares que estarán presentes no recinto xa participaron en diferentes intervencións, dentro e fóra da nosa Comunidade Autónoma.
Na xornada de onte, máis de medio centenar acodes, asistiron aos relatorios impartidos pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). En total, dous relatorios relacionados coa mercadotecnia e o sistema de xestión empresarial ERP Eneboo así como, o software libre.
Na pasada xornada, o recinto acolleu o primeiro dos sorteos desta edición, consistente en tres ceas para dúas persoas. Este sorteo realízase por xentileza de “O Asador de Leo”.











