Un respectado líder espiritual de Senegal impartirá unha conferencia no Auditorio Municipal de Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurense
A-
A+

Formando parte dunha xira por todo o mundo, o respectado líder espiritual de Senegal e decano da Universidade El Azar Cheikhy Ahmadou Bamba de Touba, Serigne Mame Mor Mbacke, estará en Ourense este domingo, 14 de setembro.

Desde as 20 horas, o Auditorio municipal acollerá unha conferencia, organizada pola Asociación de inmigrantes senegaleses de Ourense(AISO) coa colaboración das Concellerías de Cultura e Benestar Social, denominada “Convivencia e relacións interculturais”.

A conferencia terá como piar básico o traballo, a solidariedade, o ben, a educación, a formación e o entendemento entre as persoas, con independencia da súa cultura e crenzas. O obxectivo é manter unha relación próxima coa comunidade senegalesa, e defender a convivencia e interculturalidade nos países onde residen os seus concidadáns.

Serigne Mame Mor Mbacke é embaixador da ONU en materia de convivencia entre as relixións musulmana e católica, e foi premio Portador da Paz en 2008.

12 de setembro de 2014 | 13:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.