Un novo proxecto de Augas de Galicia mellorará as sendas do río Mero

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCambreLocal Portada
A-
A+

O director de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira, destacou esta mañá que Augas de Galicia está a traballar na redacción dun proxecto para actuar nas sendas do río Mero, desde A Barcala ata a presa de Cecebre.

Gonzalo Mosqueira interveu hoxe en Comisión Parlamentaria onde aclarou que neste proxectos recóllense reparacións de drenaxes para evitar pequenos asolagamentos e das zonas de pavimento danado co paso do tempo; e arranxos por problemas de erosión por pluviais mal encauzada.

Tamén se acondicionarán tres zonas de baño: unha na zona da Telleira, outra no merendero (cerca da presa de Cecebre) e outra ao lado da ponte da estación de Cambre, no que se incluiría mobiliario e papeleiras; así como a rehabilitación de varias zonas de esparcemento que existe ao longo do paseo.

Mosqueira sinalou que na actualidade xa se está actuando de maneira continua nese entorno do Concello de Cambre, xa que desde 2010 ata outubro de 2013, Augas de Galicia investiu máis de 186.000 euros no mantemento desta zona e desde outubro de 2013 ata a actualidade, máis de 106.000 euros; é dicir, case 300.000 euros.

Actuación rematada en setembro

O director de Augas de Galicia destacou que hai a penas unha semana se rematou unha actuación consistente na retirada de atascos e madeira morta na canle do río Mero, entre A Veiga (presa de Cecebre) e a Telva, traballos que contaron cunha inversión de máis de 55.000 euros. Aclarou que ademais dos traballos realizados no leito do río, tamén é necesario acometer outras labores de mantemento da vexetación das marxes, debido á excesiva proliferación de masas de silvas e arbustos.

Lembrou que os terreos situados entre a canle do río e as motas de protección foron obxecto dunha actuación de repoboación con especies de ribeira, que requiren un mantemento periódico, máis intenso durante os primeiros anos, para evitar que a proliferación das xestas impida o crecemento dos exemplares plantados e o desenvolvemento de brotes. Por este motivo, Augas de Galicia continuará cos traballos indicados anteriormente e, previsiblemente, desde a próxima semana e durante uns 3 meses estarase traballando na limpeza das marxes do Mero.

18 de setembro de 2014 | 13:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.