Un novo intento de timo no Carballiño solicitando doazóns para unha feira de mobles

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO CarballiñoSucesos
A-
A+

Ante os comentarios e preguntas de varios comerciantes e veciños da vila do Carballiño sobre a celebración dunha feira de mobles no pavillón de deportes Paco Chao, o Concello, e máis en concreto o edil de Deportes, informan que non hai solicitude ningunha para a celebración de devandito evento, e por tanto non existe ningunha relación entre a institución municipal e a persoa ou persoas que nestes días están a pedir donativos para dita feira de mobles.

Todo apunta a que se trata dun novo intento de timo, como xa ocorreu en pasados anos cunha suposta celebración dun campionato de futbol sala. Por iso os responsables municipais xa puxeron en coñecemento das forzas de seguridade estes feitos, para que investiguen de que se trata.

Mentres se resolve este asunto desde o concello advírtese aos veciños e comerciantes que non dean achegas económicas a ningunha persoa que lles fale da celebración dunha feira de mobles.

Nestes días só están a recoller donativos os membros da comisión de festas de San Cibrao, que van perfectamente identificados para ese fin.

11 de setembro de 2014 | 11:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.