Un mosaico con bicicletas na praia de Panxón dará a benvida a La Vuelta
Recordamos que o Concello de Nigrán, a través da Concellería de Turismo, Cultura e Deportes, con motivo do paso da Volta Ciclista a España polo noso municipio o vindeiro venres 12 de setembro, quere facer na praia de Panxón un mosaico con bicicletas “Nigrán con la Vuelta”. Para elo, precisamos a colaboración d@s veciñ@s para que nos aporten as súas bicicletas. As primeiras 350 bicicletas terán un agasallo. Máis información e inscricións na oficina de turismo Dunas de Gaifar: 986 36 87 34.











