Un cento de operarios inician os traballos de limpeza e acondicionamento do Camiño Portugués na provincia de Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Un cento de operarios iniciaron hoxe, en distintos concellos da provincia de Pontevedra, os traballos de acondicionamento e limpeza do Camiño Portugués.

A Deputación inviste 1 millón de euros para contribuir á consolidación definitiva da ruta xacobea, entre Tui e Pontecesures, que, nun prazo de seis meses, prevése estea en óptimo estado de conservación, limpeza e sinalización.

Os traballos que se iniciaron hoxe forman parte dun proxecto conxunto da Xunta, a Deputación e os 12 concellos polos que pasa o Camiño. Os operarios están coordinados polos distintos concellos en distribúense en función dos kilómetros da ruta en cada concello. Así, en Soutomaior (onde corresponde a foto que se remite) os catro operarios iniciaron a súa intervención no entorno da Pontesampaio e perto do posto da Garda Civil, na entrada de Arcade.

Unha vez desenvolvida esta primeira fase que agora se inicia, terá lugar unha segunda tendente a mellorar a seguridade vial da ruta na súa intersección con distintas estradas, a construir algunha ponte de madeira, melloras do pavimento con empedrados ou zahorra, melloras de sinalización e outras.

1 de setembro de 2014 | 19:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.