publicidade hoxe

Un centenar de persoas participarán na Ruta dos Muíños do Belelle

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

A concelleira de Turismo de Neda, Montse Rico, avanzou esta mañá que unhas 110 persoas participarán este sábado, 6 de setembro, na tradicional Ruta dos Muíños do Belelle. Unha actividade organizada polo Concello, coa que se inaugurará o programa da XXVI Festa do Pan da real vila deseñado pola Administración local. Unha festa declarada de Interese Turístico de Galicia dende o 2013. A cifra de inscritos, cuxo prazo se pechaba hoxe, supón un récord de participación, xa que a media doutras edicións se situaba en torno ao medio centenar. A ruta celébrase, como é tradición, na xornada previa á Festa do Pan.

Nesta camiñata guiada e gratuíta, de tres horas de duración (ida e volta), explícase brevemente a historia do pan, sinálanse os muíños e ofrécese unha degustación dos productos típicos. Partirá ás 10,30 horas do adro da Igrexa de Santa María, e discurrirá polo marxe do río Belelle ata o Roxal. Alí, os participantes poderán degustar finalmente productos típicos de Neda. O regreso prevése sobre as 13,30 horas. O mesmo sábado, pola tarde, o Concello reeditará por segundo ano consecutivo o Peke-Pan.

Montse Rico apunta que dará comezo ás 18,30 horas no paseo marítimo de Xuvia e a ela están invitados nenos e nenas. Grazas á colaboración de panadería Binuca, os pequenos poderán elaborar o seu propio pan nun obradoiro pensado exclusivamente para eles. A continuación, verbena infantil con moitos xogos, coreografías e sorpresas.

4 de setembro de 2014 | 11:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.