Últimos días para inscribirse en Nigrán nos cursos gratuítos de OpenOffice e monitor de tempo libre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNigrán
A-
A+

O Concello de Nigrán informa que o prazo de inscrición para os cursos gratuítos de OpenOffice e monitor de tempo libre finaliza o vindeiro venres 19 de setembro.

O curso de OpenOffice está dirixido prioritariamente a todas as persoas desempregadas e empadroadas no noso municipio que queiran mellorar os coñecementos nesta área, de tanta importancia actualmente, para mellorar o perfil profesional de cara á busca de emprego.

Este curso, que se impartirá nas instalacións municipais do Centro Antena (Rúa Otero Pedrayo, nº 52), desenrolarase desde o 29 de setembro até o 17 de novembro os luns, mércores e venres, en horario de 10:00 a 13:00 horas, permanecendo aberto o prazo de inscrición desde o 1 até o 19 de setembro, ambos inclusive.

As persoas interesadas en participar, deberán presentar a súa solicitude no Rexistro Xeral Municipal, cubrindo unha instancia e unha ficha de selección, que estarán á súa disposición no propio Rexistro Xeral, no Centro Antena Municipal e na páxina web oficial do Concello.

O curso de monitor de tempo libre, cunha duración de 350 horas (teóricas e prácticas), tamén está dirixido de forma prioritaria a persoas desempregadas e empadroadas no noso municipio que posúan, como mínimo o Graduado Escolar. Neste curso, o alumnado aprenderá a organizar, dinamizar e avaliar actividades de lecer educativo dirixidas á infancia e a mocidade, no marco da programación xeral dunha organización, aplicando as técnicas específicas de animación grupal, incidindo na educación de valores e atendendo ás medidas básicas de seguridade e prevención de riscos.

O Concello financiará integramente este curso homologado pola Xunta de Galicia, o que supón unha moi boa oportunidade para as persoas interesadas neste tipo de formación, non só pola calidade e carácter oficial desta acción formativa, senón tamén polo importante aforro económico que supón dita financiamento completo.

Este curso, que se impartirá nas instalacións municipais do Centro Antena de Nigrán (Rúa Otero Pedrayo, en º 52), terá unha formación teórica de 200 horas que se desenvolverá do 1 de outubro ao 10 de decembro, de luns a venres, en horario das 10:00 ás 14:00 horas. As 150 horas de prácticas que completan o programa íntegro do curso, realizaranse no seu maior parte en servizos e instalacións municipais.

Para ampliar esta información, poden contactar co Centro Antena Municipal, no 986 – 366572, ou formular as súas preguntas a través dos correos electrónicos centroantena@nigran.org e orlaboral@nigran.org

12 de setembro de 2014 | 11:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.