publicidade hoxe

Últimos días para anotarse na V Ruta MTB Social non competitiva Concello de Lousame

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLousame
A-
A+

O Club BTT Treito e o Concello de Lousame organizan a “V Ruta MTB Social non competitiva Concello de Lousame”, que terá lugar este domingo 21 de setembro de 2014. Unha proba na que a día de hoxe hai 67 anotados, a falta de tan só dous días para o peche das inscricións. A proba contará cun percorrido de aproximadamente 42 quilómetros, de dificultade técnica e física alta (tamén hai unha alternativa de 30 kms). Inscricións no blog: http://bttotreito.galitiming.com/ antes do 18 de setembro. Prezo: 10 euros.

A saída terá lugar ás 9:30 horas no “Polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra” en Lousame, situado a 1 km da Casa do Concello. A concentración e entrega de dorsais terá lugar a partir das 8:30 horas, do domingo 21 de setembro de 2014 no Polideportivo Municipal Pilar Barreiro Senra. A saída efectuarase ás 9:30 horas. A recollida de dorsais farase de xeito individual, presentando DNI, e xustificante de pago.

A proba será de carácter non competitivo, polo que os participantes deberán considerarse en excursión persoal e respectar todas as normas de circulación e seguridade viaria vixentes. O uso do casco é obrigatorio, e non levalo implica a retirada do dorsal e da marcha. O percorrido da proba transcorre na súa maior parte por camiños rurais e forestais do Concello de Lousame, existindo cruces con tramos de estradas, que se atopan abertos ao tráfico para outros usuarios polo que se deberá extremar a precaución por parte dos participantes, respectando as normas de circulación contidas na Lei de Seguridade Viaria e no Regulamento Xeral de Circulación.

A proba está organizada polo Club BTT Treito e o Concello de Lousame. Conta coa colaboración da Deputación da Coruña, Parrillada O Forno, Orixinal Imaxe, Autos Patiño Noia SL, Bicicletas RS Boiro, Muebles Muñiz, Bar Blanca, Viajes Barraña, Canalóns Alusa, Eroski, Pacos´s Moda e La Mensajera Loterías.

16 de setembro de 2014 | 12:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.