Últimas prazas para o obradoiro sobre a fórmula cooperativa como empresa que imparten AGACA e Caixa Rural

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O obradoiro “Fórmula Cooperativa” é unha acción formativa dirixida a todos os interesados que xa teñan un proxecto de negocio no rural, en calquera fase de desenvolvemento. Abordaranse aspectos de interese como o proceso de comercialización e mercadotecnia, normativa, habilidades directivas, liderado das mulleres e cómo trazar un plan estratéxico.

Funciona como unha continuación do obradoiro “Emprendemiento Cooperativo”, impartido meses antes, aínda que é posible matricularse de forma independente. A inscrición está aberta a todas as persoas interesadas, especialmente mozos e mulleres con espírito emprendedor. O equipo docente está integrado por técnicos de diversas áreas da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias.

Enmarcado dentro da Rede Eusumo, é unha iniciativa de intercooperación impulsada pola Consellería de Traballo e Benestar que procura fomentar o espírito emprendedor e apoiar a creación e consolidación de emprego no territorio de actuación.

9 de setembro de 2014 | 10:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.