Última semana de pretemporada do Santiago Futsal
O Santiago Futsal afronta a última semana de pretemporada na que xogará dous amigables. Despois de disputar este fin de semana o II Desafío Star Center, no que se mediu ao Uruguai Tenerife na semifinal e á Palma Futsal na final, esta semana enfrontarase a un rival galego ao que non se puido medir no torneo, o CD Burela FS.
Este mércores, na presentación oficial do conxunto mariñao no Pavillón Municipal de Burela ás 20.30 h, o conxunto compostelán medirase aos de Juanlu Alonso no seu sétimo partido da pretemporada, que servirá para consolidar as novas pezas deste proxecto de cara ao comezo da liga.
O oitavo e último partido da pretemporada terá lugar o sábado en Ferrol, ás 20.30 contra O Parrulo Ferrol FS, equipo da 2ª División Nacional, e que servirá para finalizar a lista de amigables que disputou o Santiago Futsal esta pretemporada.
Plan de traballo da semana:
Luns 1 de Setembro
17h.- Multiusos Fontes do Sar – Táctico
Martes 2 de Setembro
9,30h.- Multiusos Fontes do Sar- Forza Vel + Veloc. Desplazam. + Porteiros
17h.- Táctico
Mércores 3 de Setembro
20.30 h.- Pavillón de Vista Alegre – Partido amigable
CD Burela FS vs Santiago Futsal
Xoves 4 de Setembro
17h.- Forza Vel. + Veloc. Desplazam.+ Porteiros
Venres 5 de Setembro
17h.- Multiusos Fontes do Sar Táctico
Sábado 6 de Setembro
20h.- Pavillón Municipal de Ferrol- Partido amigable
O Parrulo Ferrol FS vs Santiago Futsal











