Última proba do Santiago Futsal antes do comezo de Liga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O Santiago Futsal mídese mañá a O Parrulo FS ás 20h no Pavillón da Malata, nun encontro que será o último para os composteláns antes de comezar a liga.

A última proba á que se medirán os de Santi Valladares antes do primeiro partido oficial de Liga en casa do Magna Navarra será mañá en Ferrol, ante un equipo da 2º División B que presentará ante a súa afección un novo proxecto dirixido polo coñecido adestrador lucense Diego Ríos.

Ante este último partido da pretemporada Santi Valladares opina do rival que “non ten nada que ver co equipo do ano pasado. Aínda que é certo que O Parrulo FS está nunha categoría inferior, está a traballar moi ben e está a facer unha pretemporada cuns resultados moi favorables”.

O equipo compostelán presentará unha sorpresa na convocatoria de mañá, á que asistirá Gabriel Capelo, porteiro do equipo xuvenil nacional, xa que Iker López será dúbida para o partido de mañá ao estar a realizar traballo adaptado á marxe dos seus compañeiros. Como Iker López, Diego Quintela, Hugo Sánchez, Marci e Santi realizaron durante a sesión de onte traballo adaptado. Lucho, que segue co proceso de recuperación, será baixa segura no encontro de mañá.

5 de setembro de 2014 | 13:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.