Tui recibe a visita dunha delegación xermano-poloca que participa en Intercambio de Experiencias transnacionais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorTui
A-
A+
Delegación xermano-polaca en Tui

Delegación xermano-polaca en Tui

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, recibiu esta tarde no salón de sesións da Casa do Concello de Tui a unha delegación de alcaldes e empresarios de Alemaña e Polonia. Na recepción estivo acompañado polo concelleiro José Ángel Villaverde, pola directora da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal, María Geraldes, e Xosé Lago, secretario desta Agrupación.

A visita a Tui, e posteriormente a Valença, forma parte do programa do Intercambio de Experiencias transnacionais entre alemáns e polacos da rexión “Unteres Odertal” e outras rexións fronteirizas europeas, neste caso Galicia e o Norte de Portugal.

O alcalde e Tui, Moisés Rodríguez, explicou a delegación xermano-polaca as características da Eurocidade Tui-Valença en materia de cooperación transfronteiriza. Sinalou que “compartindo servizos optimizamos mellor os recursos con que contamos” e puxo coma exemplo os casos da piscina municipal e os bombeiros de Valença ou do Teatro Municipal e o Conservatorio de Tui.

Moisés Rodríguez aludiu amais á situación estratéxica que a Eurocidade Tui-Valença ten na Eurorrexión, sendo unha das fronteiras máis antigas de Galicia e formando parte do Camiño Portugués a Santiago. Explicou asemade que os fondos europeos para cooperación transfronteiriza aos que se candidatará a Eurocidade permitirán mellorar a calidade de vida da poboación. Por último o rexedor tudense lembrou tamén a experiencia de cooperación existente entre Tui e Versmold, cidade alemá coa que está irmandada.

29 de setembro de 2014 | 19:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.