Tui recibe á delegación de Fromista que visita Tui na fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, dará a benvida oficial á cidade mañá ás 18.30h, no salón de sesións da Casa do Concello de Tui ás máis de 80 persoas de Fromista que esta fin de semana visitarán a cidade. Deste xeito os veciños da localidade natal de San Telmo devolverán a visita realizada en 2013 pola Confraría de San Telmo de Tui xunto a numerosos veciños da cidade.

A continuación o alcalde, Moisés Rodríguez, achegarase ata a Praza de San Fernando, para recibir as tres bandas de gaitas participantes no Festival que mañá sábado á noite se vai celebrar no recinto de festas de Guillarei organizado pola Asociación Cultural Lembranzas da Terra. As banda de gaitas de Ortigueira, Xarabal de Vigo, e Lembranzas da Terra de Guillarei, farán mañá á tarde un pasarrúas polo centro de Tui e actuarán na Praza de San Fernando tras ser recibidos polo rexedor tudense. Pola noite a cita con estas tres agrupación será xa na parroquia de Guillarei.

12 de setembro de 2014 | 18:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.