publicidade hoxe

Tristana Moraleja será a candidata do Partido Popular á alcaldía de Oleiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOleiros
A-
A+
Europa Press
Carlos Negreira e Tristana Moraleja na rolda de prensa

Carlos Negreira e Tristana Moraleja na rolda de prensa

Tristana Moraleja, deputada no Congreso pola provincia da Coruña, será a candidata do PP á Alcaldía de Oleiros, segundo informou o presidente provincial do partido, Carlos Negreira.

En rolda de prensa, Negreira expresou a súa satisfacción por contar “coa mellor candidata” para abrir unha “nova etapa” para o Concello de Oleiros.

Tamén destacou a “capacidade” e a “solvencia” de Tristana Moraleja para desenvolver e pór en marcha unha “maneira diferente de facer política” no municipio, gobernado por Alternativa dos Veciños.

O presidente dos populares manifestou, ademais, que Tristana Moraleja é unha persoa que conta con todas as “actitudes e aptitudes” necesarias para converter ao Partido Popular na forza “maioritaria” de Oleiros.

AGRADECEMENTO

Pola súa banda, Tristana Moraleja aproveitou a súa primeira rolda de prensa como nova cabeza de lista do Partido Popular en Oleiros para “agradecer” a confianza da dirección do partido e, en especial, do comité local.

“É unha honra e unha responsabilidade representar ao meu partido unha vez máis”, comentou Tristana Moraleja. Ademais, apuntou que asume o reto con “ganas, forza e ilusión”, á vez que se mostrou convencida de poder “mellorar a calidade de vida dos veciños de Oleiros”.

12 de setembro de 2014 | 17:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.