Tres xogadores xuvenís do Arousa S.C. mostran o seu malestar ante as decisións do clube
Tres xogadores do Arousa S.C., naturais de Boiro e Ribeira, queren mostrar publicamente, a través deste comunicado, a súa desconformidade cunha política que o Club está a levar a cabo respecto das súas fichas.
O motivo de que os tres futbolistas implicados, dous de primeiro ano de xuvenil e un de segundo, fagan pública esta nota non é outro que o verse atados pola coordinación do Arousa e, por tanto, non poder irse a outro club. Ao non facilitarlle o Arousa S.C. a saída. Dous dos deportistas implicados asinaron, a pasada campaña, a ficha que os acreditaba como xogadores do club arlequinado. Pero ao ser, por aquel entón, cadetes de segundo ano, o Arousa ten o dereito de renovarlle automaticamente a súa estancia no club vilagarcián até unha tempada máis. Dereito que exerceron e non deixan saír, nin cedidos, a ningún dos tres afectados.
A sorpresa foi maiúscula cando os xogadores pediron a baixa, a principios de xuño. E o departamento de coordinación do Arousa S.C. mostrou a súa desconformidade a devandita petición e deixa así aos tres xogadores atados no Arousa. Os afectados queren fichar por outro club próximo, pero o Arousa non dá a carta de liberdade a ningún deles, provocando así que ningún dos xogadores poidan disputar a tempada que empeza o día 13 de Setembro, truncando así gravemente as súas carreiras futbolísticas e a súa progresión.
Este comunicado faise público despois de varias reunións con directivos do club arlequinado no que non deron ningunha facilidade e mostráronse tallantes en non deixar saír a ningún dos xogadores, a propósito de que estes non están contentos no equipo. Os afectados non descartan a posibilidade de recorrer á xustiza, como se teñen feito noutros casos do fútbol base español, pois cabe lembrar que os xogadores son MENORES DE IDADE.











