Trasladado ao hospital un menor tras chocar dous vehículos en Vigo
Un menor foi trasladado ao hospital tras ser escarcelado polos bombeiros despois dunha colisión entre dous vehículos en Vigo, ocorrida este domingo ás 12,35 horas.
Segundo informaron os bombeiros de Vigo, o vehículo no que viaxaba o menor coa súa nai saíuse da vía e chocou con outro na estrada de Camposancos, 306.
Así mesmo, comunicaron que o menor se atopaba “consciente” e sen ningunha “ferida externa” aínda que en “estado de shock”, polo que foi trasladado ao hospital acompañado da súa nai.
Ao lugar dos feitos, ademais de efectivos dos bombeiros, desprazáronse axentes da Policía Local, da Garda Civil e do 061.











