Transportes Azkar é galardoada como a mellor entidade privada colaboradora co fútbol sala

Entrega de premios
Na noite do pasado venres 5 de Setembro Transportes Azkar S.A. foi galardoada na IV Gala do Fútbol sala Galego como mellor Entidade Privada colaboradora de Galicia polo seu gran traballo ao longo de todos estes anos na promoción e difusión do fútbol sala levada a cabo no seu gran parte pola Fundación Azkar.
O premio recolleuno o delegado de Transportes Azkar en Ourense, Francisco Álvarez, e acudiu tamén á gala Iván Pico, xerente da Fundación Azkar.
Agraden á Federación Galega de Fútbol sala esta distinción e felicitan así mesmo ao resto de galardoados deste ano.











