Tomiño rinde unha homenaxe a tres escultores con máis de trinta anos no mundo da arte

Escultores homenaxeados
O Concello de Tomiño recoñecerá a traxectoria artistíca dos tres escultores tomiñeses cunha traxectoria de máis de trinta anos adicados a arte. O evento está enmarcado dentro da programación das Festas Patronais do Alivio que ano a ano recoñece nun acto público a traxectoria de tomiñeses e tomiñesas destacados.
Este ano, ademáis, a programación das festas incluiu unha exposición de escultura á modo de restrospectiva que mostra a traxectoria destes tres escultores, chamada “Catro”, cuxas obras podemos atopalas nos cinco continentes. A exposición estará até o día 15 de setembro e dende a súa apertura ao público ten sido visitada por numeroso público atraído pola singularidade da mostra. É unha exposición única que recolle por primeira vez obras destes tres escultores, Magin Picallo, Antúnez Pousa e Xuxo Vázquez, maestros nesta arte, acompañados polo continuador artístico desta escola, Nando Álvarez.
A cita da homenaxe a estes tres grandes artistas será este domingo 14 de setembro ás 11h00 na Praza do Seixo. Veciños e veciñas de Tomiño, representantes das diferentes institucións públicas, e xente do mundo da cultura se dará cita neste acto no que a escultura estará máis presente que nunca.
O goberno local fixo pública a semana pasada esta decisión tras aprobar en Xuntal Local de Goberno o recoñecemento público á traxectoria destes tres grandes artistas. Na acta da mesma recoñecíase “o seu compromiso coa arte en xeral, e coa escultura en particular, fai que Tomiño siga sendo unha “terra de artistas” e que este seu Concello sexa coñecido internacionalmente.
Ademáis a súa labor no Concello fai que este municipio sexa un viveiro da creación artística en constante evolución. O seu traballo non se ten ceñido a espallar a súa labor senón a crear canteira de artistas neste Concello como o demostra tanta xente que no noso Concello se adica á arte.
Por este motivo a Xunta Local do Goberno do Concello de Tomiño o 14 de setembro recoñecerá a traxectoría artística e vital de Magín Picallo, Antúnez Pousa e Xuxo Vázquez.”
Maís info sobre os escultores:
Magin Picallo ( Cuntis, 1940) é o escultor máis veterano no mundo da escultura. Asentado en Goián dende hai máis de 50 anos, as súas obras poden atoparse na contorna como en Baiona, A Guarda, Tui … pero tamén noutros lugares da xeografía española como Valencia ou do extranxeiro como Chile. Discípulo de Asorey, ten desenvolvido unha fructífera carreira escultorica que ben coñecen os seus alumnos e discípulos. Nesta exposición, ademáis da obra que podemos visitar na Casa da Cultura, na praza do Seixo, podemos admirar unha fermosa talla de 2 m de alto feita en mármore branco, claro exemplo da sabedoría deste escultor que a pesares de non ter nacido nestas terras, considerase 100% goianés.
Antúnez Pousa (Tomiño, 1945) é o claro continuador da canteira de artistas que ten dado este concello. Fillo, neto e bisneto de magníficos canteiros, a vocación pola escultura é un feito herdado. As súas pezas son reclamo de galerías pero tamén de moitos particulares e institucións que atopan na producción de Antúnez Pousa unha firme aposta. En Tomiño contamos coas súas pezas en diferentes lugares como en Figueiró, Estás, Seixo,…. Formado en Madrid, pronto trazou o seu propio rumbo que lle deu personalidade a unha obra extraordinariamente fructífera.
Xuxo Vázquez (Vigo, 1948) é un artista polifacético que non deixa impasible a ninguén. A pesares de ter nacido en Vigo e comezar a súa carreira profesional na cidade olívica, a comezos dos 80´decidiu trasladar o seu taller a Tomiño dende onde ten agasallado ao mundo coa súa extraordinaria potencialidade. As súas obras monumentais as atopamos en calqueira parte do mundo. En Asia, África, América ou Europa atopamos a súa obra. Moitos son os simposios de escultura aos que é convidado e que sen dúbida fan que Tomiño teña presencia exterior. Á maiores da mostra que alberga a Casa da Cultura, o público poderá disfrutar da súa obra na Praza do Seixo, no exterior da Casa da Cultura e da fermosa praza que dende hai 6 anos poden disfrutar os tomiñeses e tomiñesas: Praza da Mina.











