publicidade hoxe

Tomiño recibe con teatro o outono na Casa da Cultura

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTomiño
A-
A+

A Casa da Cultura de Tomiño, recentemente reformada, será o espazo onde se celebrará o Outono Cultural 2014, coa participación de varios grupos destacados do panorama teatral galego, como é o caso de Fulano, Mengano e Citano e Mofa e Befa.

Abrirá o ciclo, o vindeiro domingo, 5 de outubro, ás 20.00 horas, a compañía “Sede de mal”, un espectáculo no que se conxugan teatro, humor e música, posto en escena polos actores Luis Iglesia e Xabier Deive (fixéronse moi populares polos seus papeis na serie da TVG “Matalobos”). Trátase dunha comedia con diálogos cargados de humor, ironía e música en directo; fórmula coa que estes dous destacados actores logran enganchar ao público con reflexiones e preguntas sobre a vida mesma.

O seguinte domingo, 12 de outubro á mesma hora, chegará aos tomiñeses a obra “Decameron, historias para tempos ruíns”, con Cándido Pazó e o 19, farano “Misión Sapiens”, da Compañía Malasombra Produccións.

No mes de novembro, haberá outras tres propostas artísticas. O domingo 16 actuará na Casa da Cultura a partir das 20 horas, Mofa e Befa, coa súa obra “Cociña económica”.

O 23 do mesmo mes tocaralle ás “As do Peixe”, pechando o ciclo o día 30 Fulano, Mengano e Citano coa súa proposta “Viva a crise”.

Todas as sesións serán na Casa da Cultura, os domingos ás 20.00 horas.

30 de setembro de 2014 | 19:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.