publicidade hoxe

Tomiño acolle un torneo de balonmán con Acanor Atlético Novás e Sociedade Deportiva Teucro como convidados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesTomiño
A-
A+

O pavillón Municipal de Goián será o escenario da primeira Edición do Torneo Concello de Tomiño, que ten de invitados ao Acanor Atlético Novás, de Primeira Nacional, e á Sociedade Deportiva Teucro, que afronta unha nova tempada na División de Prata con todas as esperanzas depositadas en disputar o playoff de ascenso á liga ASOBAL, máxima categoría do balonmán nacional.

Será un partido especial para o rosaleiro Marcos Dourado, que por segundo ano defenderá a elástica azul, e debería selo para César Armán,que desgraciadamente non se poderá vestir de curto tras a rotura de ligamentos sufrida durante a pretemporada.

O equipo pontevedrés, que este ano conta con novo inquilino no banco, Quique Dominguez, chega coa moral polas nubes despois de proclamarse campión da Copa Galicia tras imporse aos Frigoríficos Cangas do Morrazo a pesar dos prognósticos apuntaban como favorito ao equipo cangués. 

Pola súa banda, o equipo de Modesto Augusto, chega tras sufrir a primeira derrota da pre campaña, o pasado sábado nas semifinais do torneo autonómico.

Organizado polo Concello de Tomiño, co fin de promocionar este deporte na localidade que está a ter unha gran acollida entre os máis xóvenes, está apoiado por Carniceria Florentiña, negocio situado a rúa A Guarda (Tomiño) e Grupo Acanor, principal patrocinador do Atlético Novás.

A data marcada é o sábado 6 de Setembro, ás 20:00 h. Entrada gratis.

2 de setembro de 2014 | 13:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.