publicidade hoxe

Teo renova a totalidade dos aparellos dos parques biosaudables

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTeo
A-
A+
Renovación de aparellos biosaudables

Renovación de aparellos biosaudables

O Departamento de Servizos Básicos encargou a renovación completa dos tres parques biosaudables, dous instalados na parroquia de Cacheiras e un nos Tilos. Esta renovación fíxose en dúas fases para que os/as usuarios/as puideran seguir facendo uso dos espazos e segundo explica Xurxo Francos “estamos neste momento na última fase e agardamos que a instalación remate para finais deste mes de setembro”.

O concelleiro explica que se “acordou restaurar e pintar os 23 elementos que hai nos tres parques de cara a deixalos en condicións óptimas par ao seu uso”. O custe desta intervención, que está realizando a empresa Magal, é de cerca de 8.000 euros.

Unha vez desmontados os aparellos procédese a quitar a pintura vella para poder darlle unha imprimación e unha nova capa de lacado. Os novos tonos utilizados para as pezas son o gris e o azul. Antes do lacado e da nova colocación tamén se revisaron todos os elementos, rodamentos… e se cambiaron ou arranxaron os que estaban deteriorados.

10 de setembro de 2014 | 19:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.