Teatro diferente e divertido con ‘Que vai ser de nós? ‘ na Casa da Cultura de Monforte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

Este venres día 26 de setembro, ás 20:30 h. na Casa da Cultura de Monforte e con entrada libre e gratuíta, poderemos ver a peza orixinal de Microefectos Dramatúrxicos “…Que vai ser de nós?”.

A partir desta pregunta tan típica das galegas e galegos, esta peza é unha aposta por unha mirada retrospectiva cara á realidade galega. Teatro comprometido coa nosa xente, coa nosa lingua e coa nosa cultura.

Que vai ser de nós? quere achegarlle á xente os nosos problemas a través dun teatro diferente e divertido, partindo da realidade do noso país, pero perfectamente exportable a calquera outra parte do mundo.

Un único espectáculo vivo, experimental, dinámico, que a través de catro labazadas teatrais fará sorrir e reflexionar ó espectador sobre o que está a acontecer ó redor de todos e cada un e unha de nós. Unha peza na que o público forma parte activa da propia representación sentíndose deste xeito partícipe da mesma.

Ó longo dos minutos as e os espectadores poderán atopar respostas á pregunta: que vai ser de nós? Ninguén quedará indiferente.

A representación está organizada polo concello de Monforte co patrocinio da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo.

Ficha artística

Elenco: Anxo Manoel, Brian Rodríguez, Conchi Madrina, Germán Frasio, Iria Acevedo, Isabel Herrero, Lourdes Abuide, María Grandío, Rubén Pérez

 

24 de setembro de 2014 | 18:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.