Sons de Fronteira ofrece concertos de jazz na Praza de San Fernando en Tui
A música encherá a praza de San Fernando, en Tui, co festival Sons de Fronteira que se vai celebrar este venres 5 e sábado 6. Organizado polo Concello de Tui, Foro Tude, ADEGA e Radio Municipal coa colaboración de Monumental e O Novo Cabalo Furado o jazz será o protagonista nos catro concertos programados.
A presentación de Sons de Fronteira tivo lugar esta mañá na Casa do Concello de Tui a cargo do alcalde, Moisés Rodríguez, o concelleiro do Conxunto Histórico, Nicolás Lorenzo, e o responsable da ADEGA, Santiago Pérez.
O venres ás 20h actuará Joao Mortagua Trío, e ás 23h Álvaro Vieito Cuarto, e o sábado ás 20h José Manuel Díaz Trío e ás 23h Alberto Vilas Quinteto presentando o seu novo traballo discográfico “Crónica Cromática”.











