publicidade hoxe

Sara Cortegoso acada o bronce no Campionato de Europa sub 21

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+
Sara Cortegoso

Sara Cortegoso

(-46, Mace Sport), con só 16 anos, logrou a medalla de bronce no Campionato de Europa sub 21, que se celebrou esta fin de semana en Innsbruck (Austria). Así, a Federación Galega de Taekwondo, pecha a competición con dúas medallas, xa que a de Sara hai que sumar a prata acadada por Xián Silva o venres.

Ademais, os galegos contribuíron a que España lograse proclamarase campión de Europa na categoría masculina e na xeral. No primeiro combate superou á alemá Giuliana Federici por un axustado 6-5, para dar o paso aos cuartos de final. E nesta rolda, a galega esqueceu os seus nervios e logrou unha rotunda vitoria (7-15), que garantía unha medalla.

Na semifinal enfrontouse á ucraína Yryna Romoldanova, unha durísima rival que este mesmo ano logrou a medalla de prata no Europeo sénior en Bakú. Romoldanova, de 20 anos, foi superior (4-16) no combate cun ataque moi forte e constante, pero nada pode reprocharse á pontevedresa que con só 16 anos logrou unha medalla no campionato de Europa sub 21. Hai que recordar que Xián Silva (-80, Mace Sport) proclamouse o venres subcampión de Europa sub 21, despois de facer un excepcional torneo. Chegou a final con facilidade e so caeu neste último combate fronte ao turco Berkcan Sungu (0-3) e sen poder rematar a competición.

O galego recibiu un golpe na cara no primeiro asalto que lle impediu continuar sobre o tapiz, polo que resultou gañador o turco. O deportista xa está completamente recuperado. O terceiro galego presente no Europeo era Pablo Fernández (-87, Mat´s), que caeu hoxe na primeira rolda do Europeo sub 21, fronte ao serbio Drasko Jovanov.

28 de setembro de 2014 | 19:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.