Santi Valladares: “Temos que tentar quitarlles o balón e tratalos de ti a ti”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

Santi Valladares compareceu esta mañá ante os medios antes de que a expedición branca parta esta noite cara terras murcianas. O Santiago Futsal mídese este venres ao impoñente El Pozo Murcia e o técnico galego sabe que non será un partido fácil “Non imos a Murcia de excursión. Sabemos que o favorito é El Pozo pero nós temos claros os nosos obxectivos do partido. Temos que tentar quitarlles o balón, ter nós o dominio e tentar medrar en xogadas de estratexia”.

O técnico branco tamén destacou o xogo de estratexia do equipo rival “El Pozo ten moi bos sacadores e rematadores; é moi bo en todo: no 1×1, na pegada exterior, posesión do balón…”

Santi Valladares non dubida da posibilidade de puntuar en casa dun rival difícil xa que “agora é cando podemos tratar ao Pozo de ti a ti. Eles non coñecen aos nosos xogadores e temos que xogar con iso. Temos que tratar sempre ao rival con respecto e humildade, pero mostrar un pouco de descaro e de irreverencia. Xa nos tremeu a paletilla dúas veces, non nos pode seguir tremendo máis”.

24 de setembro de 2014 | 18:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.