Sancionan a un grupo de xóvenes do Carballiño tras colgar nunha rede social a foto do acto vandálico que cometeron

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaO CarballiñoSucesos
A-
A+

Un grupo de menores do Carballiño foron identificados pola policía local grazas ás redes sociais, en concreto ao Facebook, onde os menores colgaron a súa foto portando un sinal municipal que foi arrincada na praza da Alameda.

Ao parecer un dos axentes da policía local do Carballiño viu a foto na que varios mozos portaban un sinal, en concreto unha de prohibido deixar as feces dos cans na rúa, e comunicoullo aos seus superiores. Estes procederon, grazas á foto e a propia rede social, a identificar a eses mozos, e a porse en contacto cos seus pais para informarlles dos feitos.

O concello está a realizar a pertinente denuncia por actos vandálicos, podendo chegar esta sanción aos 300 euros máis o custo de colocación novamente de devandito sinal.

11 de setembro de 2014 | 18:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.