San Valentín e Perlío son os novos protagonistas da Mostra Turística “Ven a Fene”
A I Mostra Turística “Ven a Fene” continúa despois dos actos xa celebrados en Limodre e Barallobre(os días 5 e 6) para, este fin de semana, tocarlle a San Valentín e Perlío.
VEN A SAN VALENTÍN (ARTESANÍA)….Este venres 19 de setembro no Salón de actos do CPS de San Valentín ás 20:30 terá lugar a inauguración da primeira exposición fotográfica dos case 20 anos que levan realizándose os encontros de Palilleiras. Asistirán unha representación das mulleres do CPS que fixeron arrincar a iniciativa no 1996 e tamén da asociación OS TADETAS que tomaron a substitución en 2010 encargándose eles da mesma. Nesa viaxe retrospectiva a través de fotografías da mostra poderá verse a súa evolución, así como carteis e fotografías de creacións da mesma. A mostra estará aberta até o 30 de setembro (luns a sábado de 17 a 20 horas e domingos de 10:30 a 15 horas).
VEN A PERLÍO (COMERCIO)…….O domingo 21 de setembro terá lugar un outlet moito máis ambicioso que en edicións anteriores na rúa San Salvador de Perlío en horario de 10 a 20 horas con moita música, animación, monólogos, actuacións,concursos, sorteos, inchables e cuxo programa reproduzo a continuación. Tamén adxunto carteis dos dous eventos.











