publicidade hoxe

Rueda visita Neda para coñecer as actuación realizadas ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+
Alfonso Rueda na visita a Neda

Alfonso Rueda na visita a Neda

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, achegouse esta mañá ao Concello de Neda para coñecer in situ as actuacións levadas a cabo alí ao abeiro das subvencións do Fondo de Compensación Ambiental posto en marcha pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Durante a súa visita, Rueda estivo acompañado da delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e o alcalde da localidade, Ignacio Cabezón, e comprobou os traballos realizados para a mellora da eficiencia enerxética e instalación de alumeado público en Santa María de Neda. A actuación tivo un custe de 40.000 euros, dos cales o 70 por cento achegounos o Goberno galego.

Estas pequenas actuacións representan perfectamente o espírito do Fondo, xa que ademais de contribuír á mellora do medio ambiente, mellora as condicións de vida dos veciños e supón un importante aforro dos cartos que ata o de agora gastaba o concello en luz. Por iso, o vicepresidente asegurou que a Xunta seguirá traballando nese camiño, o de apoiar aos concellos e o respecto polo medio ambiente natural.

O Fondo de Compensación Ambiental é unha iniciativa que o Goberno da Xunta puxo en marcha en 2010 e que permitiu que por vez primeira os concellos galegos puideran beneficiarse directamente da explotacións eólicas, posto que as actuacións que se realizan son financiadas a través do canon eólico.

Grazas a estas axudas os municipios galegos puideron subvencionar múltiples iniciativas, como a mellora do saneamento e depuración de augas residuais, as melloras no abastecemento dos subministros de auga potable, a eficiencia enerxética, a recuperación de espazos naturais ou a dotación de medios materiais e humanos para a conservación ambiental, entre outras moitas actuacións.

17 de setembro de 2014 | 17:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.