Ribadumia acomete a reparación da cuberta da casa consistorial para paliar as humidades
Tras meses de duro inverno, choivas e ventadas que facilitaron as filtracións polo mal estado, é agora o momento de comezar os traballos para reparar o tellado da Casa Consistorial. Unha actuación que é posible grazas a unha modificación de crédito aprobada en Pleno municipal o tres de xullo de dousmil catorce.
A obra adxudicouse seguindo o procedemento establecido para contratos menores, adxudicada a oferta económica mais vantaxosa presentada pola empresa Construganon.
O orzamento por importe de 29.995,00€, recolle a demolición da cubrición actual, forxado, enfoscado e cubrición con aislamento, fibrocemento e tella.
Dende hai dúas semanas as estadas cobren practicamente o inmoble. Non estarán demasiado, xa que o prazo de execución e de catro meses e porque é preciso aproveitar o bo tempo.
Está non é a única actuación que se realiza con cargo a esta adxudicación xa que o contrato tamén reflexa a construción dun casetón para o depósito do gasoil.











