publicidade hoxe

Rey Varela anuncia un novo investimento de 300.000 euros en pavimentación de viarios no rural

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, visitou esta mañá as obras de pavimentación integral do Camiño do Lero, situado en Vilasanche – Viladóniga. Esta actuación, que responde a unha demandada dos veciños desta zona rural, financiouse con fondos do Agader e o seu custe ascendeu a un total de 39.823,47 euros. O primeiro edil da cidade, que estivo acompañado do concelleiro de Servizos e Medio Ambiente, Borja Carro, explicou que a intervención inclúe a reposición do aglomerado de toda a vía, traballos de roce e limpeza de cunetas, así como o pintado e sinalización.

Durante a visita ás obras do Camiño do Lero, Jose Manuel Rey Varela tamén anunciou un novo investimento de máis de 300.000 euros para a pavimentación de viarios na zona rural do municipio. O Executivo local está preparando este novo lote de intervencións co obxectivo de que se poida iniciar a execución das mesmas ao longo do primeiro trimestre do vindeiro ano. Así mesmo, a estes traballos anunciado hoxe polo alcalde, hai que engadir varias actuacións de pavimentación de viarios e pistas nas parroquias do rural, que o Executivo local de Jose Manuel Rey Varela acometerá con fondos procedentes do Plan DTC 93 da Deputación Provincial da Coruña. Máis de medio millón de euros de investimento complementarán os traballos de mellora e conservación que se acometen ao abeiro do Plan de Barrios, dando resposta ás demandas que as entidades veciñais do rural. Este programa de obras, que se atopa en período de contratación, contempla unha vintena de intervencións en viarios de A Cabana, Covas, San Xurxo, Mandiá, Cariño e Doniños, Esmelle, Papoi-Marmancón e Pazos-Mougá.

Son as seguintes:

– A Cabana: Pavimentación do viario do Montecoruto e rúa Ricardo Pena (42.716,45 euros).

– Covas: Pavimentación da pista Os Gorpes e reparación do parque infantil (52.982,98 euros).

– San Xurxo: Pavimentación da pista Tralouteiro e Camiño Os Casás (54.732,55 euros).

– Mandía: Pavimentación e substitución de pluviais (58.515,92 euros).

– Cariño: Pavimentación de pista en Aldea; e Doniños: Pavimentación de pista en Vilar (58.757,04 euros).

– Esmelle: Pavimentación de pista en As Cortiñas, Lodeiro-Peirón e Migues-Castido (57.787,57 euros).

– Papoi-Marmancón: Pavimentación de vial (32.522,96 euros).

– Pavimentación vial en Pazos e pavimentación estrada de Mougá (128.729,12 euros).

Todo este listado de obras, que está en proceso de contratación, responde a demandas dos propios veciños.

 

25 de setembro de 2014 | 18:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.