Reunión informativa para os pais dos xogadores da base do Santiago Futsal
En vistas ao comezo da próxima tempada dos equipos da base do Santiago Futsal, o vindeiro luns día 8 terá lugar unha reunión cos pais dos xogadores e xogadoras no salón de actos do IES Fontiñas ás 20.30h.
Na reunión achegarase información sobre o pago das cotas, así como información sobre o material a utilizar polos xogadores.
Ao acto asistirá Mon Barreiro, coordinador da base; Santi Valladares, adestrador do Santiago Futsal; Graciela Lois, psicóloga do Santiago Futsal e Miguel Fernández, director executivo do Santiago Futsal.











