Restablécese a circulación no Alto da Portela-Menduíña tras realizar tarefas de conservación no viaduto
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas restablece a circulación no vial Alto da Portela-Menduíña, despois de executar unha actuación de conservación nun viaduto que requiriu o seu corte ao tráfico desde o pasado mércores.
Esta reparación, que executou a Axencia Galega de Infraestruturas, levouse a cabo no punto quilométrico 0+140 na vía para automóbiles.
Para a execución destes traballos de conservación foi necesario realizar un corte da estrada desde o seu punto inicial (no enlace co corredor CG-4.1) ata o punto quilométrico 1+500, no que se sitúa o enlace cara ao polígono industrial de Castiñeiras.











