publicidade hoxe

“Recuerdos olvidados”, “Carta al alzheimer” e “Olvidando y recordando” son os gañadores do concurso ‘Dona un Recordo’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

As historias “Recuerdos olvidados” e “Carta al alzheimer” e o poema “Olvidando y recordando” foron elixidas como as tres experiencias vencedoras do concurso ‘Dona un Recordo’, organizado pola Concellería de Benestar Social – Servizos Sociais Comunitarios – Área de Maiores do Concello de Verín, co obxecto de conmemorar o Día Mundial do Alzheimer (21 de setembro) e concienciar sobre esta enfermidade progresiva que afecta a aproximadamente 22 millóns de persoas en todo o mundo, e que unha das principais causas de mortalidade entre os adultos, despois de enfermidades cardíacas, cáncer e apoplexía.

As tres experiencias gañadoras deste concurso foron seleccionadas, polo equipo que compón o Plan Xerontolóxico Municipal de Verín, entre os múltiples relatos, cartas e poemas participantes en devandito concurso. A historia “Recuerdos olvidados”, de Elena Santamarina Carrajo, acadou o primeiro premio, seguida de “Carta al alzheimer” de Sara Salgado Pérez que se alzou co segundo; o terceiro recaeu en “Olvidando y recordando” escrito por Dulce, un seudónimo que se corresponde cun/cunha menor do Centro de Día para Menores de Cruz Vermella en Verín.

O obxectivo final do concurso ‘Dona un recordo’, ademais da conmemoración e concienciación, foi invitar a todas as persoas a expresar pensamentos, opinións, experiencias e vivencias sobre os recordos preferidos. O mesmo iniciouse o pasado 08 de setembro e finalizou o domingo 21 de setembro, coincidindo do Día Mundial do Alzheimer. As tres historias vencedoras do concurso recibirán como premio o libro “Hilos de Colores”, escrito e ilustrado por Elena Ferrándiz foi editado por Legua Editorial -parte do recadado coa venda deste libro irá parar á Fundación de Alzheimer España e, ademais este libro, poderá axudar aos pais e nais a que expliquen mellor aos/ás seus/súas fillos/as que lles acontece aos/ás avós/as que padecen esta enfermidade neurodexenerativa-.

25 de setembro de 2014 | 14:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.