publicidade hoxe

Reapertura do auditorio de Gondomar tras as obras de mellora nas que se investiron 170.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, acompañado do alcalde da localidade pontevedresa, Fernando Guitián, asistiu hoxe á inauguración do auditorio de Gondomar tras as obras de mellora da instalación, ás que a consellería que preside destinou 170.000 euros, que foron achegados en dúas anualidades. A primeira, correspondente ao ano 2013 foi de 20.000 euros e os 150.000 euros restantes, foron aportados no presente ano.

As intervencións, que se fixeron en colaboración co concello de Gondomar, tiveron como obxectivo a reordenación do acceso exterior ao conservatorio para facilitar un mellor servizo aos usuarios, onde ademais se definiu unha zona para carga e descarga. Así mesmo, acondicionouse o vestiario e os camerinos para os artistas, ao tempo que se ampliou o escenario do auditorio e a platea. A maiores realizouse un novo vestíbulo de acceso, que se uniu ao principal.

O obxectivo destas novas instalacións é favorecer o acceso da veciñanza de Gondomar ás manifestacións artísticas que o concello ofrece dentro da súa política cultural, e promover a súa participación nas mesmas.

A través deste tipo de convenios, Cultura e Educación implícase especialmente no acondicionamento e equipamento de infraestruturas de carácter sociocultural existentes que non se atopan en condicións óptimas para o seu uso, para que os distintos concellos de Galicia poidan ofrecer á poboación unha oferta cultural axeitada á programación feita polos mesmos e outras entidades, e aprobada, en definitiva, pola consellería; para conseguir unha implicación da sociedade galega nos distintos actos culturais.

Deste xeito a consellería reitera o seu compromiso por dotar ás zonas máis afastadas dos circuítos habituais das grandes cidades de espazos axeitados nos que poder ofrecer unha ampla e variada oferta de actividades, achegando así a cultura a todas as galegas e galegos.

17 de setembro de 2014 | 20:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.