publicidade hoxe

Reabre as súas portas o restaurante da Fábrica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

Mañá a partir das 21.00 horas reabrirase ao público o restaurante A Fábrica, situado no complexo cultural homónimo. O local, que conta con servizo de cafetería e restaurante, inicia a súa actividade tras un mes de peche debido ao cambio nos xestores e ás profundas reformas que se levaron a cabo no establecemento. O local contará cunha carta renovada e cun proxecto que pretende facer da Fábrica un novo local de referencia no municipio e en toda a comarca da Coruña.

Os novos xestores do local, con ampla experiencia en hostalería, quixeron renovar o proxecto cunha aposta pola profesionalización do equipo, a orientación ao cliente, cociña de calidade e, sobre todo, a aposta de crear un espazo pensado para o seu público.

24 de setembro de 2014 | 19:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.