publicidade hoxe

Raquel Arias preside a xuntanza da Comisión territorial da Delegación da Xunta en Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+
Raquel Arias na xuntanza

Raquel Arias na xuntanza

A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, presidiu hoxe a primeira reunión no novo curso da Comisión Territorial, un foro de coordinación da Delegación no que participan os responsables de todas as Xefaturas Territoriais e que, tras os últimos relevos nas xefaturas, é paritaria en número de homes e mulleres.

Así, a comisión está presidida pola propia delegada e forman parte dela as recentemente incorporadas Pilar Fernández López, como xefa territorial de Economía e Industria, e Carmen Gueimunde, que se fai cargo da de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, así como a xefa territorial de Sanidade e a secretaria territorial.

Igualmente, forman parte do órgano os xefes territoriais de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; Medio Rural e do Mar; Traballo e Benestar, e Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, así como o delegado da Axencia Tributaria de Galicia.

18 de setembro de 2014 | 19:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.