Rafa Luz estará de baixa durante tres semanas por unha rotura parcial da fascia plantar
O base do Rio Natura Monbus Obradoiro, Rafa Luz, estará de baixa un período estimado de tres semanas ao sufrir unha rotura parcial da fascia plantar do pé dereito. A lesión produciuse durante a final da Copa Galicia disputada onte en Lugo, na que o conxunto compostelán impúxose ao Breogán (59-74), logrando a súa quinta vitoria consecutiva no torneo.
Así o confirmaron os servizos médicos do club, tras as probas realizadas este luns no Hospital Policlínico a Rosaleda, membro do Club de Empresas Obradoiro, que xa traballa na recuperación do xogador.











